AC Cherinkas

A Ruta Teatral forma parte da IX Muiñada de Vimianzo. Esta ruta descobre unha serie de elementos no lugar de Sanfíns (Cambeda) para continuar pola Ruta dos Muíños do río de Cambeda. Durante o percurso irán aparecendo personaxes de cando os muíños estaban cheos de vida, interpretados por mozas e mozos de Vimianzo. 

Unha nova Muiñada en marca: descubre os artistas e actividades deste ano

Dentro dun mes exacto, a Muiñada de Vimianzo celebrará a súa novena edición o venres 18 e sábado 19 de outubro, polo que desta vez alongarase a festa unha noite máis, a da véspera.

A Muiñada trae a Vimianzo as tendencias de música tradicional actual

A Muiñada de Vimianzo celebra a súa oitava edición o sábado 21 de outubro consolidando un cartel musical de referencia e un programa de actividades aberto a toda a veciñanza. Ruta de sendeirismo teatral, baile, concertos, gastronomía, xogos e mesmo un campionato de debullada de millo.

A Ruta Teatral forma parte da VIII Muiñada de Vimianzo. Esta ruta descobre unha serie de elementos no lugar de Sanfíns (Cambeda) para continuar pola Ruta dos Muíños do río de Cambeda. Durante o percurso irán aparecendo personaxes de cando os muíños estaban cheos de vida, interpretados por mozas e mozos de Vimianzo. 

A Muiñada rende homenaxe a Dorothé Schubart

Dorothé Schubart viaxou polas parroquias vimiancesas de Carnés e Baíñas no seu traballo de recollas da tradición oral en 1980.

Na Muiñada de Vimianzo estamos a prepararlle unha homenaxe en forma de exposición sonora no interior do muíño da Agra, durante a tarde do sábado 21 de outubro.


Nesta VII edición da Muiñada, por primeira vez o evento ten lugar en dous días. Tras a tradicional celebración do sábado, o domingo terá lugar, nas primeiras horas da mañá, a ruta cultural A pegada celta: Sanfins-Ogas e, a partir das 11:30 a Milla do Millo.

Sigue lendo...


A ruta cultural forma parte da VII Muiñada de Vimianzo. Esta ruta descobre unha serie de elementos na parroquia de Sanfíns (Cambeda) para acabar revisitando desde unha ollada distinta varios dos puntos clave que conforman a Ruta dos Muíños de Cambeda e Ogas. 

Sigue lendo...


A sétima edición da Muiñada de Vimianzo alongarase durante todo o fin de semana do sábado 8 e domingo 9 de outubro. Trala exitosa celebración do ano anterior, na que se retomaba a actividade nun formato diferente, a organización decidiu apostar por darlle continuidade, recuperando as actividades que se viñan facendo antes da pandemia e ampliando a festa ao domingo.

Sigue lendo...

O Asalto ao Castelo de Vimianzo vénde conseguir a súa catalogación como Festa de Interese Turístico de Galicia, despois de contar co informe favorable por parte do Consello de Turismo da Xunta de Galicia.

Sigue lendo...


Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Davide Salvado e Ailá nunha Muiñada renovada. Despois da pausa o ano anterior pola pandemia, Vimianzo volverá celebrar a Muiñada dunha maneira diferente. Será o sábado 6 de novembro con actividades que se desenvolverán ao longo da xornada e en diferentes muíños do val.

Sigue lendo...

A organización decide cancelar a celebración do festival este ano por responsabilidade e a dificultade para a súa realización.

Despois de debater e analizar a situación, as asociacións organizadoras e o Concello de Vimianzo cancelan a celebración no 2020 do Asalto ao Castelo. 

Sigue lendo... 

A quinta edición da Muiñada de Vimianzo foi todo un éxito no que houbo máis bailadoras e bailadores que nunca. Desde a tarde na que xa houbo bastante ambiente até a noite de concertos non paramos de bailar, degustar e lembrar tempos pasados ao son do muíño da Agra que se volveu mover de novo coa auga do río de Cambeda. 

Sigue lendo...


Os da Porfia, Pan Sen Fron, Xisco Feijóo, Astarot e moita foliada é o que promete a V Muiñada que se celebrará no Muiño da Agra o 19 de outubro de 2019.

Sigue lendo...

Boa tarde benvidos e benvidas a esta Revolta das Letras!

Antes de comezar coa lectura do pregón quero dar as gracias á organización por convidarme e darlle os parabéns por esta festa da que xa gocei o ano pasado e gustoume moito.

Sigue lendo... 

A vila de Vimianzo acollerá unha nova edición do festival Neghra Sombra o sábado 11 de maio. Unha festa moi diversa na que conflúen diferentes estilos musicais, shows teatrais, literarios e poéticos, ademais de actividades para todas as idades. O exterior da Casa da Cultura de Vimianzo, no Agro de Trasariz, será desta vez o lugar onde se instale unha carpa con tres escenarios para os diferentes espectáculos e concertos.

Sigue lendo...

O sábado 20 de outubro Vimianzo volve á época da infancia de moitas veciñas e veciños ou de súas nais ou pais, avós e avoas. Un pasado labrego que se lembra con foliada, concertos, magosto, teatro, gastronomía, xogos, obradoiros e unha chea de actividades e curiosidades… Revivir a tradición, recuperar os traballos asociados ao millo como a esfollada, o debullado e finalmente o moer que se poderá ver ao vivo no propio Muíño da Agra, interesante monumento anterior ao século XVIII.

Sigue lendo...

A Asociación Cherinkas e o Club de Atletismo Terra de Soneira danlle continuidade a unha proba recuperada do catálogo de actividades organizadas no pasado por Cherinkas e con retoques que a fan máis atractiva. A proba consistirá nunha contra o reloxo pola carreteira que une a Esquipa (Cereixo) e o Campo da Areosa, cunha distancia de 6,6 km. e un perfil claramente ascendente.  

Sigue lendo...

Chega a Neghra Sombra ao castelo de Vimianzo! A revolta das Letras Galegas, o 12 de maio. Dous escenarios, e un lugar de luxo. Cunha chea de estilos diferentes que cantan sen complexo na nosa lingua propia.