AC CHERINKAS
Inscríbete na Ruta Teatral da IX Muiñada
SÁBADO 19 DE OUTUBRO DE 2024.
A Ruta Teatral forma parte da IX Muiñada de Vimianzo. Esta ruta descobre unha serie de elementos no lugar de Sanfíns (Cambeda) para continuar pola Ruta dos Muíños do río de Cambeda. Durante o percurso irán aparecendo personaxes de cando os muíños estaban cheos de vida, interpretados por mozas e mozos de Vimianzo.
PUNTO E HORA DE ENCONTRO – REXISTRO DE ASISTENTES
Terá lugar en fronte da igrexa de san Xoán de Cambeda. A ruta é lineal, desde a igrexa sairá un bus para achegarnos ao punto de inicio da ruta a pé e desde alí camiñaremos de novo ao punto de encontro, na contorna da dita igrexa.
O repaso da listaxe de participantes realizarase ás 9h50 do sábado 19 de outubro. O bus sairá ás 10h, polo que se a esa hora falta algunha participante darase por feito que cancela a súa asistencia.
PERCORRIDO
Traxecto lineal duns 4 km, con inicio en Sanfíns e con final en Cambeda (Vimianzo). Lembramos que o punto de encontro é a igrexa de san Xoán de Cambeda.
PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE
A ruta incorpora elementos patrimoniais de gran interese etnográfico con espazos de alto valor natural, como é a contorna da ribeira do río Cambeda.
Algúns dos puntos que visitaremos son:
Conxunto de eira con cabazo de chan singular en Sanfíns, que se pode datar no XVIII.
Carballo do Santo ou Carballo das nove voltas, á beira da capela de Sanfíns.
Lintel con gravados e inscricións.
Lavadoiro de Sanfíns.
Piñeiro manso, lugar de ritos.
Antiga casa grande de Vilariño.
Muíños de Cambeda-Ogas.
TEMPOS
Estímase que a actividade terá unha duración de 2h30min.
INSCRICIÓNS
As inscricións deben facerse a través do formulario facilitado en www.cherinkas.org . As prazas ofertadas están limitadas, dados os estreitos sendeiros polos que ten lugar a ruta e máis a natureza teatral deste evento.
A actividade é gratuíta, mais debe cubrirse o formulario de inscrición obrigatoriamente. O xoves 16 de outubro remata o prazo para inscribirse na ruta.
No caso das inscricións de menores de idade estas deben incluír unha autorización, xa integrada na inscrición da persoa adulta que se fai responsable da menor.
ORGANIZACIÓN E SEGUROS
A ruta está organizada pola Asociación Cultural Cherinkas e máis polo Concello de Vimianzo, estando cuberta para o público por un Seguro de Responsabilidade Civil e mais por un seguro de accidentes.
RECOMENDACIÓNS-PROHIBICIÓNS
Por máis que haxa uns seguros para a actividade, as persoas asistentes deben asumir certas responsabilidades, entre as que destacamos o que ten que ver co seguinte:
Atender ás indicacións do persoal organizador en todo momento.
Non saír do percorrido sinalizado.
Respectar as indicacións e ser prudentes nas zonas de desnivel, altas ou escorregadizas.
Levar roupa e calzado axeitado.
Evitar danar, coller ou mover os elementos que forman parte da paisaxe.
Non se pode fumar durante o percorrido.
A ruta non é axeitada para persoas con mobilidade reducida.
CESIÓN DE IMAXES
A inscrición na actividade supón a aceptación da utilización de imaxes nas que poida aparecer o/a participante para labores de promoción da festa.
INSCRIPCIÓNS