O Festival Neghra Sombra volve con forza para unha gran Revolta das Letras

Quince autoras e autores e unha ducia de concertos e outros espectáculos enche o cartel do festival do 11 de maio que se vén de presentar

A vila de Vimianzo acollerá unha nova edición do festival Neghra Sombra o sábado 11 de maio. Unha festa moi diversa na que conflúen diferentes estilos musicais, shows teatrais, literarios e poéticos, ademais de actividades para todas as idades. O exterior da Casa da Cultura de Vimianzo, no Agro de Trasariz, será desta vez o lugar onde se instale unha carpa con tres escenarios para os diferentes espectáculos e concertos.

A segunda edición da gran “Revolta das Letras” multiplica o número de creadores literarios que actuarán no festival intercalándose cos concertos. Revivindo o espírito do Batallón Literario da Costa da Morte de 1996, daranse cita en Vimianzo autores das comarcas do finis terrae como Suso Lista, Lola Canosa, Adhara Caamaño, Davide Creus, Estevo Creus, Suso Bahamonde, Vicente de Souza, Alberto Lema, Elena Busto, María Lado, Lucía Aldao, Lola Schutz, Rocío Leira, Daniel Salgado e Lëo Kch. Seguir lendo “O Festival Neghra Sombra volve con forza para unha gran Revolta das Letras”

Blog en WordPress.com.

Subir ↑