A V Muiñada celebrarase o 19 de outubro

Os da Porfia, Pan Sen Fron, Xisco Feijóo, Astarot e moita foliada é o que promete a V Muiñada que es celebrará no Muiño da Agra o 19 de outubro de 2019.

Unha das novidades desta V Muiñada ten a ver coa campaña de bonos de dinamización da festa e das PEMES que vos propoñemos. Se queres formar parte da rede de comercios (ou persoas) que colaboran coa vila non dubides en contactar con nós.

Davide Salvado e A Banda da Balbina encabezan a IV Muiñada de Vimianzo

O sábado 20 de outubro Vimianzo volve á época da infancia de moitas veciñas e veciños ou de súas nais ou pais, avós e avoas. Un pasado labrego que se lembra con foliada, concertos, magosto, teatro, gastronomía, xogos, obradoiros e unha chea de actividades e curiosidades… Revivir a tradición, recuperar os traballos asociados ao millo como a esfollada, o debullado e finalmente o moer que se poderá ver ao vivo no propio Muíño da Agra, interesante monumento anterior ao século XVIII.

Entre as novidades deste ano destacan a demostración de artesanía ao vivo na contorna do muíño, ao xeito dunha feira das de antes. A festa amplíase comezando xa ao mediodía e saíndo do Muíño da Agra, trasladándose ás rúas e diferentes establecementos da vila, con Cantos de Taberna. Seguir lendo “Davide Salvado e A Banda da Balbina encabezan a IV Muiñada de Vimianzo”

Blog en WordPress.com.

Subir ↑