Davide Salvado e A Banda da Balbina encabezan a IV Muiñada de Vimianzo

O sábado 20 de outubro Vimianzo volve á época da infancia de moitas veciñas e veciños ou de súas nais ou pais, avós e avoas. Un pasado labrego que se lembra con foliada, concertos, magosto, teatro, gastronomía, xogos, obradoiros e unha chea de actividades e curiosidades… Revivir a tradición, recuperar os traballos asociados ao millo como a esfollada, o debullado e finalmente o moer que se poderá ver ao vivo no propio Muíño da Agra, interesante monumento anterior ao século XVIII.

Entre as novidades deste ano destacan a demostración de artesanía ao vivo na contorna do muíño, ao xeito dunha feira das de antes. A festa amplíase comezando xa ao mediodía e saíndo do Muíño da Agra, trasladándose ás rúas e diferentes establecementos da vila, con Cantos de Taberna. Seguir lendo “Davide Salvado e A Banda da Balbina encabezan a IV Muiñada de Vimianzo”

IV Legua Irmandiña (30 de xuño)

Galería fotográfica do que foi a IV edición da IV Legua Irmandiña do Asalto ao Castelo 30/06/2018Terra de Soneira C.D. Asalto ao Castelo de Vimianzo A.C. Cherinkas Concello de Vimianzo

Posted by Terra de Soneira C.D. on Wednesday, July 4, 2018

Blog en WordPress.com.

Subir ↑