Inicio

Cherinkas e Terra de Soneira organizan a III Kronoeskalada en Vimianzo

A Asociación Cherinkas e o Club de Atletismo Terra de Soneira danlle continuidade a unha proba recuperada do catálogo de actividades organizadas no pasado por Cherinkas e con retoques que a fan máis atractiva. A proba consistirá nunha contra o reloxo pola carreteira que une a Esquipa (Cereixo) e o Campo da Areosa, cunha distancia de 6,6 km. e un perfil claramente ascendente. A proba combina dúas disciplinas, a pé e en bici, os participantes poderán escoller entre facer unha ou as dúas probas, haberá premios para os gañadores de cada proba e tamén para o gañador da combinación das dúas.

O evento terá lugar o sábado 19 de maio, primeiramente terá lugar a proba a pé que comezará ás 15:30h. e a proba en bicicleta está programada para comezar ás 17:00h. Os interesados en participar deberán inscribirse no portal www.championchipnorte.com ata o xoves 17 de maio. Custe da inscrición é de 3€ para participar nunha proba e de 5€ para os que participen nas dúas. As bases poden consultarse no portal das inscricións, ou pinchando neste enlace e nelas recóllense todos os detalles do evento.

O punto de recollida de dorsais estará situado na meta, a cal se sitúa no Campo de Areosa, neste enlace pódese observar como chegar dende o centro de Vimianzo. O desprazamento dende a meta á saída corre a cargo da organización, pero os participantes deberán estar, o máis tarde, ás 15:00h na zona de meta.

Bases_III_Kronoeskalada_Vimianzo

Blog en WordPress.com.

Subir ↑